Joomla Just for Sharing - Joomla Club Templates and Extensions




El Plan de Servizos Sociais comprende un conxunto de actuacións dirixidas aos concellos da provincia de Ourense de menos de 20.000 habitantes baixo o principio da cooperación.para 8 Actuacións.

O obxecto do Programa provincial de asistencia económica, técnica e xurídica ós concellos en materia de Servizos Sociais Comunitarios é o establecemento, de xeito integral e detallado, regulando os trámites para a súa total execución, das accións que lle corresponde desenvolver á Deputación Provincial de Ourense en virtude das competencias atribuídas polos artigos 109.1.b) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, 63 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 31 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

NOVAS:
27.12.2018 Anuncio acordo aprobación inicial das Bases reguladoras do Programa BenOurense de cooperación económica coas entidades locais da provincia para o servizo de axuda no fogar básico no exercicio 2019. Descargar Acordo


17.12.2018 Aprobación Pleno da Corporación Provincial do 30 de Novembro de 2018 do Programa Benourense de Cooperación coas Entidades Locais en materia de Servizos Sociais Benourense Persoal Técnico do exercicio 2019.

Descargar Acordo

..